APEHL

Pistoletazo de saída ao XVIII Concurso de Tapas de Lugo

El Boni, establecemento gañador da pasada edición, foi o escenario elixido, como é habitual, para dar inicio ao certame gastronómico no que participan un total de 38 locais.

03.11.2023. Cheché Real, presidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl); Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, e Rubén Arroxo, primeiro tenente de alcaldesa e titular da Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas, foron os encargados de darlle o pistoletazo de saída esta mañá en El Boni á décimo oitava edición do Concurso de Tapas de Lugo, que comeza hoxe e se prolongará ata o 19 de novembro. A final terá lugar a fin de semana seguinte, 24, 25 e 26 de novembro.

Un ano máis, o certame está organizando pola Apehl, co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Estrella Galicia.

Durante o acto, o cociñeiro de El Boni, José Luis Pardo, explicou a tapa que presenta este ano aos seus clientes, Noite meiga, que consiste nun medallón de galo de Mos e gambón ao seu propio estilo.

FUNCIONAMENTO DO CONCURSO

Este ano, os prezos das tapas estarán entre 2,5 e 4 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h.

Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.

Ademais, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase a unha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Pazo Los Escudos, de Vigo, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Ámsterdam.

PREMIOS

O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar nas urnas dispoñibles en todos os locais ata o 19 de novembro, fecha límite tamén para depositar os folletos-pasaporte en ditas urnas.

Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, nos que as tapas finalistas estarán nesta ocasión a disposición do público xeral, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra.

O elixido como gañador polo xurado profesional será a proposta culinaria que a Apehl presente ao Campionato Oficial de Tapas e Pinchos, organizado por Hostelería de España, confederación á que pertence a Asociación.

LISTADO DE PARTICIPANTES

Os 38 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:

  1. 3 Pés
  2. Anda
  3. Antas
  4. Ave César
  5. Barros Cervecería
  6. Bulló Xantar
  7. Casa d´Auga
  8. Desnivel Tapas e Copas
  9. Eduri
  10. El Boni
  11. El Dotmas Bar
  12. El Santuario de Magnus
  13. España
  14. Galo
  15. Gran Café
  16. Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas
  17. Karrusel
  18. La Cosechera de 1977
  19. La Terraza del Méndez
  20. Las Cinco Vigas
  21. Legends Café
  22. Manuel Manuel
  23. Mesón El Castillo
  24. O Castor
  25. O Cincuenta e Seis
  26. O Figón
  27. O Mercado Casa de Comidas
  28. Orixe do Campo
  29. Paprica
  30. Parada 33
  31. Portal 36
  32. Pulpería O Castelo
  33. Prebe By Bret
  34. Quimera
  35. San Marcos Café
  36. Santeiro´s Terraza
  37. Taberna Daniel
  38. Tapería O Peque

Toda a información do certame está dispoñible na web www.xantardetapas.com.