APEHL

Quedada de vespas, este sábado, no marco do programa do Cume Tapas Erótico

25.05.2022. Monforte de Lemos encóntrase en plena celebración do Cume Tapas Erótico, dedicado ao amor e á diversidade de xénero.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son unha quedada de vespas (28 de maio), o concerto de Andrés Montes (5 de xuño) e unha charla sobre a diversidade de xénero (2 de xuño).

Precisamente, a quedada de vespas levarase a cabo este sábado e sairá dos Escolapios ás 18:00 horas.   

Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través do teléfono 982 412 050.