APEHL

Resumo das medidas urxentes publicadas no BOE

01.04.2020. Compartimos un resumo das medidas máis importante do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

AUTÓNOMOS

A moratoria no pago de cotizacións de 6 meses para autónomos e pemes non se trata dunha exoneración, senón dun adiamento do pago.

A moratoria nos casos que sexa concedida afectará o pago das súas cotizacións á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, cuxo período de devindicación, no caso das empresas estea comprendido entre os meses de abril e xuño de 2020 e, no caso dos traballadores por conta propia entre maio e xullo de 2020, sempre que as actividades que realicen non se suspenderan con ocasión do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

As solicitudes de moratoria deberán presentarse, no caso de empresas, a través do Sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da Seguridade Social (Sistema REDE).

Esta moratoria non será de aplicación aos códigos de conta de cotización polos que as empresas obtivesen exencións no pago da achega empresarial.

Adiamento do pago das débedas con seguridade social ata o 30/07/2020.

As empresas e os traballadores por conta propia, sempre que non tivesen outro adiamento en vigor, cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño de 2020, nos termos e condicións establecidos na normativa de Seguridade Social, sendo de aplicación un interese do 0,5 %.

ADIAMENTO DE DÉBEDAS DERIVADAS DE DECLARACIÓNS ADUANEIRAS

Concederase o adiamento do ingreso da débeda aduaneira e tributaria correspondente ás declaracións aduaneiras presentadas desde a data de entrada en vigor do presente Real Decreto-lei e ata o día 30 de maio de 2020, ambos inclusive.

ALUGUERES

Quedan suspendidos os desafiuzamentos nos seis meses seguintes a que termine o estado de alarma para aquelas persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade.

Atoparanse en situación de vulnerabilidade para acceder a estas axudas aqueles para quen a renda arrendaticia, máis os gastos e subministracións básicas, resulte superior ou igual ao 35 por cen dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar.

Prorróganse de forma automática, por seis meses, todos os contratos de aluguer en vigor que estean a piques de vencer.

O ICO concederá créditos a interese 0 %, sen gastos, para facer fronte ao pago do aluguer, podendo devolvelo en 6 anos e ampliable ata 10 anos. Deben estar incluídos nos supostos de vulnerabilidade e cun máximo de seis mensualidades.

O estado farase cargo de todos aqueles que non logren saír da situación e non poidan facer fronte ao pago do crédito.

Apróbase unha liña de axudas ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do aluguer e encaixen nos supostos de vulnerabilidade económica e social sobrevinda.

A contía desta axuda será de ata 900 euros ao mes e de ata o 100 % da renda arrendaticia ou, no seu caso, de ata o 100 % do principal e intereses do préstamo que se subscribiu co que se satisfixo o pago da renda da vivenda habitual.

HIPOTECAS

Ampliación da moratoria de hipotecas, incluíndo aos autónomos cuxa actividade quedase suspendida ou reducise os seus ingresos de forma significativa. A entidade acredora non poderá esixirlle o pago da cota hipotecaria, nin ningún dos conceptos que o integran.

CONTRATOS TEMPORAIS E TRABALLADORAS DO FOGAR

Prestación especial do 80 % do IPREM, uns 440 euros ao mes, para os traballadores temporais que se lles concluíu o contrato tras a declaración do estado de alarma.

Prestación específica para os/as traballadores/as do fogar que tivesen que deixar de prestar o servizo ou contratos que concluísen tras a declaración do estado de alarma.

Poderán ter acceso a esta prestación quen:

-Deixasen de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, a fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios e con motivo da crise sanitaria do COVID-19.

-Extinguiuse o seu contrato de traballo pola causa de despedimento ou polo desistimiento do empleador ou empleadora, con motivo da crise sanitaria do COVID-19.

A contía do subsidio será o resultado de aplicar unha porcentaxe do setenta por cento á base reguladora referida, e non poderá ser superior ao Salario Mínimo Interprofesional.

CONSUMO

Moratoria de tres meses prorrogables nos préstamos persoais coas seguintes características durante o período de vixencia da suspensión:

a) O acredor non poderá esixir o pago da cota, nin de ningún dos conceptos que a integran (amortización do capital ou pago de intereses), nin integramente, nin parcialmente.

b) Non se devengarán ningún tipo de intereses, nin ordinarios, nin de demora.

O tempo de finalización do contrato ampliarase no mesmo tempo do período de suspensión.

Medidas de protección a consumidores:

Se como consecuencia das medidas adoptadas durante a vixencia do estado de alarma os contratos subscritos polos consumidores e usuarios, xa sexan de compravenda de bens ou de prestación de servizos, incluídos os de tracto sucesivo, resultasen de imposible cumprimento, o consumidor e usuario terán dereito a resolver o contrato durante un prazo de 14 días.

PLANS DE PENSIÓNS

Durante o prazo de seis meses desde o 14 de marzo, os partícipes dos plans de pensións poderán, excepcionalmente, facer efectivos os seus dereitos consolidados nos seguintes supostos:

a) Atoparse en situación legal de desemprego como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego derivado da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

b) Ser empresario titular de establecementos cuxa apertura ao público se vira suspendida como consecuencia do establecido no artigo 10 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

c) No caso dos traballadores por conta propia que estivesen previamente integrados nun réxime da Seguridade Social como tales e cesasen na súa actividade como consecuencia da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.