APEHL

Cúmprense cinco anos da declaración do estado de alarma pola pandemia da covid-19

Compartímosvos por iso esta reportaxe de RTVE que lembra esta etapa que afectou de maneira especial ao sector da hostalería e enumeramos tres ensinanzas que nos deixou a pandemia:

  1. Que non somos só unha actividade económica, que somos ademais unha maneira de vivir, de gozar e de xerar felicidade.

  2. Que temos máis valor engadido do que se nos recoñecía e que somos os que achegamos valor a moitos outros sectores económicos que sen nós non teñen sentido.

  3. Que as Asociacións xogan un papel esencial para defender os nosos dereitos.

¡Esperamos que non se volva repetir!

Acceso ao vídeo