APEHL

Todo a punto para o XVI Concurso de Tapas de Lugo

  • O certame, no que participan un total de 38 establecementos, terá lugar do 5 ao 21 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 26, 27 e 28.

29.10.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; da concelleira de Cultura e Turismo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e do deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, presentou esta mañá no Centro Cultural Vello Cárcere a décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo.

O certame está organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración de Estrella Galicia e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, así tamén estaba presente no acto en representación deste Consello, Marta Villén.

Durante o acto, o presidente da Apehl amosou a súa satisfacción por retomar esta iniciativa que, segundo asegurou, é esta vez máis necesaria ca nunca para dar “un impulso á hostalería durante este proceso de reactivación que estamos atravesando tras a pandemia. Debemos volver pouco a pouco a retomar certas costumes con respecto, pero sen medo”.

O presidente da Apehl, Cheché Real, agradeceu a participación de todos e cada un dos establecementos participantes e destacou o esforzo que o seu traballo implica durante estes días de certame.

FUNCIONAMENTO DO CONCURSO

Como vén sendo habitual, os prezos das tapas estarán entre 2 e 3 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h  e de 20:00 a 22:30 h.

Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios, ceas e vales do Burela FS, do CB Breogán, do CD Lugo, do Emevé Lugo e do Ensino Lugo.

Ademais, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase á experiencia “Saborea a Costa da Morte”, que consistirá nunha estancia de dúas noites para dúas persoas e menú degustación, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Gran Canaria. Real subliñou que “desta maneira os clientes non están obrigados a recorrer todos os establecementos e apostamos con estes premios por facer un chisco ao turismo nacional”.

PREMIOS

O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar ata o 21 de novembro nas urnas dispoñibles en todos os locais.

Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, nos que as 12 tapas finalistas estarán nesta ocasión a disposición do público xeral, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra.

Cheché Real recordou que “o gañador seleccionado polo xurado profesional representará a provincia en todos aqueles concursos de tapas aos que sexamos convocados”.

LISTADO DE PARTICIPANTES

Os 38 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:

  1. 3 Pés
  2. A Adega
  3. A Paparota
  4. Anda
  5. Antas
  6. As Landras
  7. Bulló Xantar
  8. Campos
  9. Casa d´Auga
  10. Eduri
  11. El Boni
  12. El Dotmas Bar
  13. El Riba
  14. El Santuario de Magnus
  15. España
  16. Karrusel
  17. La Cosechera 1977
  18. La Terraza del Méndez
  19. Las Cinco Vigas
  20. Legends Café
  21. Manuel Manuel
  22. Mesón Colón
  23. Mesón El Castillo
  24. Nadela
  25. O Castor
  26. O Cincuenta e Seis
  27. O Figón
  28. O Mercado Casa de Comidas
  29. Paprica
  30. Parada 33
  31. Portal 36
  32. Pulpería O Castelo
  33. San Marcos Café
  34. Taberna Daniel
  35. Tapería Tentación
  36. Toni Portela
  37. Tosar
  38. Yaldara