22.11.2023. A Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos acolle este venres 24 de novembro unha nova edición da xornada gastronómica Saborea e Canta o Outono, toda unha festa outonal na que os asistentes poderán gozar das mellores tapas, desde as 19:30 horas ata as 23:00 horas, acompañadas de música en directo.
Participarán na celebración os locais de hostalería MC e O Grelo, coas súas respectivas tapas e consumicións. Tamén formarán parte deste festival varias adegas: Adega Cruceiro, Val do Frade, Santa María de Nogueira e Pilares de Belesar. As adegas soamente venderán o viño por botella. Ademais, darán unha explicación das experiencias enoturísticas que ofrecen. A partir das 20:00 horas, os grupos Penny Lane e The Lioness Treasure son os que amenizarán o tapeo do venres.
Este evento está patrocinado polo Concello de Monforte de Lemos e organizado pola delegación zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).