APEHL

Vilalba acollerá o Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo 2024

21.10.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas.

O curso terá lugar os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de novembro.

Cun total de 40 viños internacionais, 50 horas formativas e unha viaxe á Ribeira Sacra, o curso celebrarase este ano na Casa da Cultura (Praza Suso Gayoso, 1) de Vilalba, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

O programa é o seguinte:

  • Cata introdutoria, historia do viño no mundo e método INGAVI de análise sensorial

  • Xeografía vitivinícola, mapas de viño no mundo e cultura do viño

  • Cata e explicación de varias referencias de viños galegos, percorrendo toda a nosa xeografía vitivinícola: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei

  • Cata e explicación de varias referencias de viños do territorio nacional para coñecer diferentes técnicas de viticultura e vinificación, uvas, solos…

  • Cata e explicación de varias referencias das zonas vitivinícolas máis recoñecidas do Vello Mundo

  • Profundización na cata profesional de viños coñecendo o mercado e as súas tendencias a través de varias referencias de viños do Novo Mundo

  • Viaxe formativa enoturística á Ribeira Sacra:

  1. Visita a adegas e viñedos
  2. Catas formativas con viños da zona
  3. Introdución ao enoturismo
  4. Xantar en adega

As inscricións son totalmente gratuítas e por rigorosa orde de inscrición. Poden formalizarse cubrindo o formulario dispoñible nesta ligazón ou poñéndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 226 912.

PRAZAS LIMITADAS (Só será válida a reserva de praza cando recibas un correo de confirmación)