02.02.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) retoma a organización do Estase Cocendo tras dous anos de pandemia nos que o sector da hostalería se viu fortemente afectado.
Unha nova edición das Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra celebrarase por toda a comarca dende o vindeiro 26 de febreiro ata o 27 de marzo, ambos incluídos.
O presidente da Apehl, Cheché Real, amosa a súa ilusión por retomar pouco a pouco todas as iniciativas que desenvolve a súa Asociación para reactivar a actividade do sector hostaleiro: “Pensamos que xa é hora de voltar pouco a pouco á normalidade á que estabamos acostumbrados despois de dous anos moi duros para todo o noso sector. Este ano xa se está cocendo algunha novidade e podo adiantar que faremos unha presentación moi especial. Despois de todo o vivido, a ocasión ben o merece”.
A Apehl confirma que se irán anunciando todas as novas do evento nos vindeiros días.