APEHL

Webinario Cómo previr o desperdicio alimentario na hostalería?

23.03.2021. Cada restaurante refuga, de media, uns 2,5 quilos de sobras cada día, o que supón preto dunha tonelada de desperdicios ao longo do ano e un gasto estimado de 3.000 euros por establecemento. Aínda que é certo que, segundo datos da Unión Europea, estas cifras só representan o 12 % do total, este sector presenta un gran potencial para combater esta problemática: non só por responsabilidade individual ou por xestión de custos, senón tamén pola súa capacidade exemplarizante para a cidadanía no seu conxunto.

Co obxectivo de avanzar nesta materia e reforzar o compromiso dos establecementos coa sustentabilidade, desde Hostelería #PorElClima dedican a segunda sesión do programa formativo @abiertos al cambio a esta temática. Para iso, o próximo 30 de marzo ás 11:00 h. celebran unha sesión online conducida por Beatriz Cecilia, responsable de proxectos de Hostelería de España, na que se desvelarán algunhas pautas para poder previr o desperdicio alimentario. Para iso, contaremos coas achegas de Héctor Barco, investigador da Universidade de Deusto (Rede Desperdicio Alimentario) e membro da ONGD Enraíza Dereitos.

O encontro, como todos os enmarcados neste ciclo, será gratuíto previa inscrición e terá unha duración dunha hora.