APEHL

Xa temos o número premiado coa cesta de produtos de porco entre as rifas do Estase Cocendo 2023

03.04.2023. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica o número agraciado co premio dunha cesta de produtos de porco da Asociación Prodeme no Estase Cocendo 2023, evento patrocinado pola Deputación de Lugo.

O número de referencia para comprobar a rifa gañadora é o 00.813, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 1 de abril. A papeleta premiada debe ter as catro últimas cifras iguais ás deste número.

A persoa afortunada debe poñerse en contacto coa delegación a través do teléfono 982 412 050 para así poder facerlle entrega do premio.

En caso de non aparecer o gañador ou gañadora, volveremos a tomar como referencia o sorteo da ONCE do sábado 15 de abril.