APEHL

Servizos a socios

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) constituíuse en 1977 co fin primordial de unificar e defender os intereses profesionais dos seus asociados ante os distintos estamentos e administracións.

A Apehl ten representación noutras organizacións como Hostelería de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia, a CEHE (Confederación Española de Hostalería de España), a CEHAT (Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos), a CEL (Confederación de Empresarios de Lugo), a Fundación CEL e a CEG  (Confederación de Empresarios de Galicia).

Ademais, a Apehl conta cunha delegación na zona sur da provincia, situada en Monforte de Lemos.

 

SERVIZOS GRATUITOS

INFORMACIÓN sobre a normativa vixente en cada momento (turismo, tabaco, prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, alérXenos...). Envío de información coas subvencións do noso sector.

ASISTENCIA NA TRAMITACIÓN ante as administracións públicas: cambios de titularidade de establecementos, novas aperturas, inscrición de empresas no REAT.

ELABORACIÓN DE LISTAS DE PREZOS aos socios que así o soliciten.

ENTREGA DE CARTELARÍA REGULAMENTARIA. Os socios poden solicitar nas nosas oficinas os distintos exemplares da cartelaría informativa obrigatoria dos locais.

ASESORAMENTO XURÍDICO GRATUÍTO con ÁLVAREZ&ÁLVAREZ AVOGADOS. Comprende toda clase de consultas, pregos de descargo, en todo o concernente á actividade profesional. En caso de asistencia contenciosa, os socios teñen un desconto dun 30 % dos honorarios fixados na minuta.

NEGOCIO DO CONVENIO COLECTIVO. Negóciase coas centrais sindicais o Convenio de Hostalería, informando do contido do mesmo e das súas novidades.

FORMACIÓN gratuíta (cando así o concede a administración e outras entidades) destinada a traballadores e empresarios do sector de hostalería.


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

ASISTENCIA LABORAL: tramitación das altas e baixas dos traballadores, contratos, nóminas, seguros sociais, peche trimestral, etc. Cota deste servizo 10,00 euros por nómina.

PÓLIZA DE SEGUROS COLECTIVA: para cubrir a situación de invalidez permanente ou morte dun traballador/a producida por mor dun accidente de traballo, tal e como establece o Convenio Colectivo do Sector, a Apehl asina unha póliza que agrupa a todos os asociados que así o solicitan, por un importe anual moi vantaxoso.

ORGANIZACIÓN DE EVENTOS: concursos de tapas, xornadas gastronómicas, cursos privados, obradoiros de cociña.
 

CONVENIOS DE COLABORACIÓN

BANCO SABADELL e CAIXA RURAL: para a obtención de vantaxes na contratación de distintos produtos financeiros como préstamos hipotecarios e persoais, medios de pago, adquisición de TPV, entre outros.

REPSOL: desconto mínimo de 60 euros en 1.000 kg, así como o mantemento gratuíto, para aqueles asociados que teñan tanque de propano líquido.

SGAE, AGEDI-AIE: os socios teñen un desconto no recibo que emita a Sociedade Xeral de Autores, a condición de que se poñan en contacto coa devandita entidade de xestión e asinen o contrato.

ÁLVAREZ REAL CONSULTORÍA: adaptación de empresas á normativa de protección de datos segundo o novo regulamento xeral de protección de datos (NRGPD).

ÁLVAREZ REAL ASESORÍA XURÍDICA: primeira consulta de asesoramento gratuíta, sobre calquera tema relacionado co negocio de hostalería asociado a Apehl.
Escrito de alegacións a expedientes sancionadores polo exercicio da actividade de hostalería, gratuítos, salvo que pola peculiaridade do mesmo requira dun tratamento especial onde xa se especificará o importe co desconto.
Outros servizos, aplicarase unha porcentaxe de desconto ao prezo de mercado. (consultar)

PLAGOSTEL: empresa de calidade e hixiene alimentaria que ofrece distintos servizos como APPCC, obtención de certificado de manipulador de alimentos, información de alérxenos con descontos para os socios.

AGUIRRE XXI CORREDURÍA DE SEGUROS: busca solucións aseguradoras tanto para a actividade profesional como seguros particulares, obtendo coberturas máis vantaxosas.

QUIRÓN PREVENCIÓN: concertouse convenio para a implantación da Prevención de Riscos Laborais nas empresas que teñan traballadores.

GRUPO ISONOR: axúdache a adecuar o teu negocio ás novas tendencias (redes sociais, páxina web, dixitalización, erp (módulos de vendas, crm, tpv, reservas, ecommerce...), deseño de imaxe corporativa, rexistro de nome comercial.

 

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN

GUIA TURÍSTICA DA PROVINCIA DE LUGO: única que existe neste momento cun directorio de todos os establecementos asociados e con difusión en todas as oficinas de turismo.

PROMOCIÓN DA GASTRONOMÍA LUCENSE: difusión da marca “... E para comer, Lugo” en feiras sectoriais, medios de comunicación e puntos turísticos.

PUBLICIDADE DOS ASOCIADOS EN INTERNET: publicación de noticias de interese dos establecimientos asociados na páxina web www.eparacomerlugo.es e nas redes sociais.

 

COTAS MENSUAIS

Os recibos pásanse cada dous meses.


INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PLUS COMPENSATORIO FORMACIÓN: Os establecementos de hostalería asociados a Apehl cumpren automaticamente co estipulado no Art. 16 do Convenio de Hostalería de Lugo.