APEHL

II Plan de Reactivación Económica do Concello de Lugo

19.04.2021

Prazo de solicitude

Dende as 09:00 horas do día 20 de abril ata fin de esgotamento de crédito.

Contías e liñas das axudas

O Plan de Reactivación establece dúas liñas de axudas directas a autónomos, microempresas ou pemes con domicilio fiscal no Concello de Lugo, e que figuren na Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) que establecen as bases da programación.

Liña A.- Axudas a empresas que realicen actividades económicas obrigadas ao peche temporal total, que recibirán unha axuda de 2.000 euros por beneficiario se ten 5 ou máis traballadores, e 1.500 euros se ten menos de cinco.

Nesta categoría entran hoteis e aloxamentos similares (turísticos e outros de curta estancia, cámpings, etc.); establecementos de hostalería e restauración; empresas vinculadas coas artes escénicas e as súas auxiliares, as dedicadas á creación artística e literaria,  xestión de salas de espectáculos, de actividades de museos e bibliotecas ou instalacións deportivas e ximnasios, entre outras.

Liña B.- Axudas a empresas que realicen actividades económicas obrigadas ao peche temporal parcial. A contía desta liña, na que se inclúen todo tipo de comercios e de axencias de viaxes, principalmente, é de 1.000 € por beneficiario.

Requisitos para ser persoa ou empresa beneficiaria

1. Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais que motivan a concesión da subvención e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa autónoma, unha microempresa ou unha pequena empresa. A microempresa e as pequenas empresas son aquelas definidas segundo o Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014.

b) Que a actividade económica que desenvolvan (CNAE – Clasificación Nacional de Actividades Económicas), se corresponda con algunha das contempladas no Anexo II da presente convocatoria de axudas.

c) Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e en Facenda, con data anterior ao 1 de xaneiro de 2021.

d) Ter o domicilio fiscal no Concello de Lugo.

e) Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e en particular, estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios coa Facenda estatal (AEAT) e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS). Este requisito debe cumprirse dende a data de presentación da solicitude ata a data de pagamento da subvención, no seu caso.

f) Non ter débedas pendentes co Concello de Lugo. Este requisito verificarase de oficio pola Administración e debe cumprirse dende a data de presentación da solicitude ata a data de pagamento da subvención, no seu caso.

g) Xustificar calquera subvención que lle fose concedida con anterioridade polo Concello de Lugo.

Obrigas para os beneficiarios

Colocar un distintivo visible na porta de entrada do seu establecemento, en referencia á axuda concedida, que facilitará o Concello de Lugo.

 

Bases da convocatoria

Anexo II

Descargar documentación