APEHL

Curso Cero accidentes na hostalería: hábitos seguros no traballo


curso

19.05.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, oferta este curso gratuito Cero accidentes na hostalería: hábitos seguros no traballo.

Trátase dun programa de formación dirixido ás traballadoras e aos traballadores do sector de hostalería e turismo na provincia de Lugo, tanto ocupados, como en ERTE ou desempregados ao inicio do curso, así como aos futuros traballadores do sector que están en formación.

Dúas edicións

✓ Lugo: do 16 de xuño ao 21 de xullo

✓ Monforte: do 6 ao 29 de outubro

 

Obxectivos
✓ Mellorar a seguridade na hostalaría co obxectivo “Cero Accidentes” mediante a identificación de riscos en cociña, sala e barra e a adopción de hábitos de traballo seguros, ergonomía básica e medidas preventivas no día a día.

✓ Reducir a sinistralidade e mellorar o benestar laboral a través dunha organización do traballo máis segura e eficiente en contornas hostaleiras reais.

Metodoloxía
✓ Modalidade: teleformación.
✓ Flexibilidad horaria: campus virtual disponible 24 h/día, 7 días/semana.

 

As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, débese cubrir o seguinte cuestionario ou chamar ao 982 22 69 12.

Programa

IMPORTANTE

✓ Para formalizar as inscricións, é necesario indicar no seguinte cuestionario, no apartado `Observacións´, en que edición se quere participar: Monforte de Lemos ou Lugo.

✓ Tamén é imprescindible enviar esta declaración firmada ao correo formacion@apehl.org



ou Voltar ós cursos