22.03.2024. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, transmite a súa satisfacción tras coñecer esta mañá a negativa de Movistar para autorizar unha pantalla xigante no centro de Lugo que posibilitase a retransmisión do partido do Obradoiro-Breogán deste sábado.
08.03.2024. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu esta tarde o acto inaugural do Estase Cocendo 2024, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo, que se desenvolverá desde mañá sábado 9 de marzo ata o domingo 24. Na presentación dedicouse esta décimo sexta edición das Xornadas do Cocido da Ribeira Sacra á historia do ferrocarril na comarca.
04.03.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presentará este venres, 8 de marzo, unha nova edición do Estase Cocendo no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, ás 18:30 h.
Café Bar El Faisán é un establecemento de Lugo rexentado desde hai case 22 anos por María del Pilar Piñeiro Cabana. Situado na rúa Santiago, a súa especialidade son os almorzos e o petisco de tortilla. Decidiu asociarse a Apehl para estar ao día de todas as novidades e polas facilidades que se ofrecen desde a Asociación.
22.02.2024. Cheche Real, como presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo e presidente de Hostelería de Galicia, fai pública a súa preocupación “polas reiteradas datas incumpridas que o Goberno de España está a dar para a chegada dos trens Avril, unha conexión necesaria para seguir reforzando a competitividade turística de Galicia”.
30.01.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estivo representada no Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos 2024, que organiza Hostelería de España co respaldo de Alimentos de España, Mahou San Miguel e Makro, por Rubén David Goyzueta, do restaurante Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, gañador do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, celebrado na cidade durante o pasado mes de novembro.
26.01.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada no Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos 2024, que organiza Hostelería de España co respaldo de Alimentos de España, Mahou San Miguel e Makro, por Rubén David Goyzueta, do restaurante Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, gañador do XVIII Concurso de Tapas de Lugo, celebrado na cidade durante o pasado mes de novembro.
24.01.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo celebrou este mediodía en Madrid o lanzamento dun novo volume da súa emblemática guía, coa que pretende un ano máis promover de maneira conxunta o turismo nos 67 concellos.
19.01.2024. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, presentará o vindeiro mércores, 24 de xaneiro, na Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo sexto, da colección de guías turístico-gastronómicas da provincia de Lugo …E para comer, Lugo.
19.12.2023. O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acollerá a entrega de premios do Cume Tapas Exprés, evento patrocinado pola Deputación de Lugo, este venres día 22 de decembro ás 18:00 h.