APEHL

Novas

A Apehl participará o vindeiro luns nunha reunión convocada pola Xunta de Galicia para abordar a situación do ocio nocturno

03.02.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estará presente xunto a cinco representantes do sector do ocio nocturno nunha reunión convocada pola vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, que terá lugar o vindeiro luns 8 de febreiro.

A convocatoria ten como obxectivo debater acerca da problemática e da situación actual na que se atopan os ...

Acordo con Indemniza para a reclamación de perdas pola pandemia

Hostelería de España, patronal da que forma parte a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), chegou a un acordo coa plataforma INDEMNIZA para a xestión integral dos trámites da reclamación das perdas sufridas durante o estado de alarma entre marzo e xuño, xa que se trata dunha demanda crecente no sector.

O convenio asinado permitirá que calquera persoa física ou xurídica que realice actividades de restauración (bares, restaurantes, cafeterías) e aloxamento poida realizar dita tramitación ...

Burela, Cervo, Lugo, O Vicedo, Vilalba, Viveiro e Xove, pechados perimetralmente

DECRETO 5/2021, de 19 de xaneiro

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 5/2021, do 19 de xaneiro

  • Quedan restrinxidas as entradas e saídas de persoas: concellos de Burela, Cervo, Lugo, O Vicedo, Vilalba, Viveiro e Xove.

Este decreto surtirá efectos desde as 00.00 horas do día 21 de xaneiro de 2021.

Orde de 19 de xaneiro

Toque de recollida ás 22:00 h en Galicia

DECRETO 3/2021, de 13 de xaneiro

  • Quedan restrinxidas as entradas e saídas de persoas: concello de Villalba, Viveiro, Xove e Lugo.
  • Limitación da mobilidade nocturna: durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:


a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Asistencia a centros de atención veterinaria ...

Novas medidas en Galicia para facer fronte á pandemia

DECRETO 2/2021, de 8 de xaneiro Orden 8 de enero

  • Quedan restrinxidas as entradas e saídas de persoas: concello de Villalba, Viveiro e Xove.
  • Limitación temporal da entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:  entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados.

Este decreto ...

Medidas adoptadas en Galicia para o día 6 de xaneiro

DECRETO 1/2021, de 4 de xaneiro.

  • Quedan restrinxidas as entradas e saídas de persoas: concello de Villalba, Viveiro e Xove.
  • Mobilidade dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: o día 6 de xaneiro de 2021 entre as 6.00 horas e as 23.00 horas, para todos os ámbitos territoriais, quedan exceptuados das limitacións de entrada e saída aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desplace.

Este decreto tendrá efectos ...

Medidas especiais para a hostalería os días 31 de decembro e 1 de xaneiro

Detallamos as medidas especiais para a hostalería establecidas polo Goberno autonómico para os días 31 de decembro de 2020 e 1 de xaneiro de 2021.

  • O día 31 de decembro de 2020, os clientes dos establecementos de hostalería e restauración dos ámbitos territoriais do ANEXO I e II desta Orde do 29 de decembro de 2020 deberán abandonar os citados establecementos antes das 23.00 horas.
  • O día 1 de xaneiro os establecementos de hostalería e restauración non poderán abrir antes ...

Eduardo Iglesias levará ...E para comer, Lugo no seu casco do Dakar

23.12.2020. Así presentou esta tarde o monfortino Eduardo Iglesias, do equipo Team Monforte Rally, o casco co que competirá na vindeira edición do Dakar. Levará o nome da provincia fóra das nosas fronteiras e promocionará así a gastronomía y o turismo de Lugo.

¡Feliz Navidad e esperanzador 2021!

23.15.2020. 2020 foi un ano difícil para todo o sector, pero valoramos máis ca nunca a necesidade da nosa unión.

✨Temos toda a esperanza pota neste ano novo✨

Arranca a campaña Regálal...E Regálat…E

18.12.2020. Un total de 22 negocios hostaleiros da provincia entre restaurantes, bares, cafeterías, hoteis e empresas turísticas participan desde hoxe na campaña Regálal...E Regálat…E, coa que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) quere incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como agasallo para este Nadal, “unha iniciativa para axudar a activar os nosos negocios nesta etapa tan difícil pola que atravesamos”, afirma o presidente da Asociación, Cheché Real.

A iniciativa ofrece ao ...