26.08.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) desmenten que a hostalería de Monforte de Lemos estea pechada, como se publicou nalgúns medios no día de hoxe.
A Apehl confirma que a verdadeira situación é que desde Sanidade se están facendo probas por establecementos para o rastrexo de casos. “Aqueles establecementos que fixeron as probas PCR son os que están pechados soamente ata recibir os resultados para máis seguridade”, destaca Cheché Real, presidente de ...
24.08.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reunirase esta semana coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para solicitar a ampliación das licenzas especiais para ampliación ou instalación de terrazas na capital que se puxeron en marcha a mediados do mes de maio, con motivo de facilitar a situación do sector hostaleiro tras a pandemia pola covid-19.
Estes permisos, levados a cabo polo Concello tras a petición da propia Apehl, tiñan ...
18.08.2020. As 50 organizacións territoriais que forman parte de Hostelería de España acordaron na mañá de hoxe a creación dunha comisión xurídica interterritorial, co obxectivo de analizar a interposición de maneira coordinada de recursos de oposición por cada dunha das Comunidades Autónomas, ao tratarse dunha norma nacional cuxa transposición corresponde a cada unha das autonomías.
A comisión xurídica toma como punto de partida a necesidade de que as medidas sexan xustificadas, proporcionadas e non se centren exclusivamente na hostalaría, que queda ...
17.08.2020. Segundo a modificación do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020:
Desde a delegación sur da Apehl en Monforte de Lemos apoiamos a iniciativa da AECC en Monforte para celebrar as festas patronais con estes panos verdes colgados das nosas ventás e balcóns.
A Orde de 12 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19 precisa que a obriga xeral de uso de máscara prevista no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta de 12 de xuño de 2020 só poderá exceptuarse por causa do consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos, exclusivamente durante o consumo ...
Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Hoxe lanzan a campaña Loc@s por volver, que consiste nun vídeo co que se quere agradecer aos clientes a súa confianza por volver aos locais de hostalería e activar de novo a súa economía.
06.08.2020. Compartimos a resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública, na que se determinan os territorios aos efectos de aplicación da obligación de comunicación prevista na Orde de 27 de julio de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoal procedente de outros territorios.
Neste momento os territorios de alta incidencia epidemiolóxica son os seguintes:
· De calquera dos países do continente africano. ...
Publicada no DOG a Orde de 5 de agosto de 2020 sobre medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, que permite a reapertura do ocio nocturno cun aforo do 50 % dentro do local e do 75 % en terrazas ao aire libre.
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante o mes de xullo, na que se alcanzou unha media dun 50,9 % de ocupación.
As zonas da Ribeira Sacra e da Montaña foron as áreas da provincia con máis visitantes, cunha media do 75 % e do 70 % de ocupación, respectivamente. Lugo Centro logrou o 42,7 %, a Terra Chá rondou o 42 % e A ...