19.05.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, oferta este curso gratuito Cero accidentes na hostalería: hábitos seguros no traballo.
Trátase dun programa de formación dirixido ás traballadoras e aos traballadores do sector de hostalería e turismo na provincia de Lugo, tanto ocupados, como en ERTE ou desempregados ao inicio do curso, así como aos futuros traballadores do sector que están en formación.
Dúas edicións
✓ Lugo: do 16 de xuño ao 21 de xullo
✓ Monforte: do 6 ao 29 de outubro
Obxectivos
✓ Mellorar a seguridade na hostalaría co obxectivo “Cero Accidentes” mediante a identificación de riscos en cociña, sala e barra e a adopción de hábitos de traballo seguros, ergonomía básica e medidas preventivas no día a día.
✓ Reducir a sinistralidade e mellorar o benestar laboral a través dunha organización do traballo máis segura e eficiente en contornas hostaleiras reais.
Metodoloxía
✓ Modalidade: teleformación.
✓ Flexibilidad horaria: campus virtual disponible 24 h/día, 7 días/semana.
As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, entra nesta lingazón.