APEHL

Novas

Hostelería Kit Digital celebrará dous webinars sobre este bono no mes de outubro

28.09.2022. A Apehl, en colaboración con Hostelería de España, lanzou Hostelería Kit Digital, unha plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital.

Como continuación das accións previstas para esta campaña, no mes de outubro celebraremos dous webinars informativos:

Martes 11 de outubro ás 17:00 h da tarde
Luns 24 de outubro ás 11:00 h da mañá

Para inscribirte e seleccionar a sesión á que queiras asistir, pica na seguinte ligazón: https://bit.ly/3CaRO9y

Tras a inscrición, recibirás un correo ...

Colaboramos coa campaña Á túa saúde, do Concello de Lugo

27.09.2022. Coñece toda a información da campaña Á túa saúde, do Concello de Lugo, na que colaboramos desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) para un consumo e dispensación responsable de alcol.

Toda a información nesta ligazón

O XVII Concurso de Tapas de Lugo será a antesala do primeiro Campionato de Pinchos e Tapas de España

O evento celebrarase do 4 ao 20 de novembro e a gran final terá lugar os días 25, 26 e 27

Cheché Real e outros integrantes de Hostelería de España reúnense en Santander

13.09.2022. Invitados pola Asociación de Hostelería de Cantabria, esta mañá celebrouse en Santander o comité executivo da Confederación Empresarial de Hostelería de España.

Con posterioridade á reunión dos membros do comité executivo, o presidente de Hostalería de Galicia, Cheché Real, participou nun encontro co presidente de Cantabria, D. Miguel Ángel Revilla; o conselleiro de Turismo de dita comunidade, D. Francisco Javier López Marcano; o presidente de Hostelería de España, José Luis Yzuel; o presidente da asociación provincial de Hostalería ...

Aberto o prazo para inscribirse ao XVII Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar en novembro

Os establecementos que queiran participar poderán efectuar a inscrición ata o día 15 de setembro.

A ocupación hostaleira en Galicia rexistrou unha media do 83,69 % durante os dous meses de verán

31.08.2022. Hostalería de Galicia, integrada polas asociacións provinciais de hostalería da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, expón os datos de ocupación real deste verán en Galicia e as previsións durante o mes de setembro.

A Apehl comparte os datos de ocupación hostaleira durante o verán en Lugo

30.08.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presenta os datos recollidos sobre a ocupación hostaleira en Lugo durante os meses de xullo e agosto e adianta as previsións do mes de setembro.

Hostelería Kit Digital, a plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración con Hostelería de España, lanza Hostelería Kit Digital, unha plataforma de acompañamento ao hostaleiro para solicitar o seu bono dixital.

O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital.

A Apehl, en colaboración con Hostelería de España, pon á túa disposición un ...

Dez anos de promoción turística e gastronómica en La Vuelta co posto …E para comer, Lugo

12.08.2022. Este ano o posto …E para comer, Lugo volverá a estar en La Vuelta Ciclista a España, así foi anunciado esta mañá nun acto celebrado na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.

Na presentación, participaron o secretario de Apehl, Jacobo García-Bobadilla; o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de La Vuelta, Javier Guillén, que estiveron acompañados de representantes dos diferentes ...

O próximo venres entregaranse os premios do Cume Tapas Erótico

29.07.2022. O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acollerá a entrega de premios do Cume Tapas Erótico o vindeiro venres día 5 de agosto ás 19:00 h.

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) entregará os premios aos gañadores elixidos polo xurado popular e os sorteados entre todos aqueles que entregaron os pasaportes e cupóns debidamente selados.

Os seguidores do certame outorgáronlle a vitoria á tapa ...