APEHL

Novas

No mellor dos escenarios non se conseguirían recuperar os datos de 2019 ata finais de 2021 ou principios de 2022

  • Os datos do Anuario da Hostalería amosan unha facturación en 2019 de 129.341 millóns con 315.940 establecementos activos.
  • A caída dun 50 % da facturación, provocada pola pandemia, supón unha perda que podería chegar aos 67.000 millóns de euros.
  • A dixitalización, o servizo delivery e a sostibilidade serán tendencias claves do sector en 2021.

15.12.2020. Hostelería de España, na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, presentou esta mañá na sede da CEOE, ...

A Apehl prepara a campaña Regálal...E Regálat…E para incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como regalo destas navidades

14.12.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguimos traballando por e para o sector co fin de superar esta etapa tan difícil para os negocios de hostalería e turismo da provincia. É por iso polo que xa preparamos a campaña Regálal...E Regálat…E, coa que “queremos incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como agasallo para este Nadal”, afirma o presidente da Asociación, Cheché Real.

A iniciativa ofrece ao cliente a posibilidade de ...

Cursos de mantemento hixiénico-sanitario fronte á lexionela en Sarria

10.12.2020. A empresa Plagostel, colaboradora da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), impartirá a próxima semana en Sarria dúas accións formativas:

  • Curso Inicial de Mantemento Hixiénico-Sanitario fronte á Lexionela, de 25 horas.
  • Curso Renovación de Mantemento Hixiénico-Sanitario fronte á Lexionela, de 10 horas.

Están dirixidos a persoal responsable das operacións de mantemento hixiénico-sanitario daquelas instalacións recollidas no Real Decreto 865/2003, de 4 de xullo, e que pertenza a unha entidade ou servizo externo subcontratado e ao personl propio de empresas ...

Novo curso: Monforte, recurso turístico

20.11.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo o curso `Monforte, recurso turístico’ os días 24, 25 e 26 de novembro en horario de 11.00 h a 12:30 h nas instalacións da delegación zona sur da Asociación (R/ Zapaterías, s/n).

A formación, subvencionada polo Concello de Monforte, será impartida pola guía turística de Galicia Ana Buján e está destinada ao sector hostaleiro e turístico, para darlle un maior servizo de información aos ...

O DOG publica o Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da covid-19

18.11.2020. A Orde de 17 de novembro de 2020 establece as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da covid-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e procédese á súa para o ano 2020 (código de procedemento TR400A).

Xa en marcha o curso sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos

18.11.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado de Pilar García, deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo; Gloria Prada, primera teniente de alcalde do Concello de Monforte e concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade, e Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño, visitaron esta mañá os alumnos do curso sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos que ...

Marcha da hostalería galega en Santiago para pedir a posta en marcha do Plan de Rescate

  • A concentración de hostaleiros de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol tivo lugar esta mañá desde o Palacio de Congresos ata o Obradoiro.

17.11.2020. Seguindo coas accións de reivindicación ante a situación que está padecendo o sector da hostalería, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, participou esta mañá na concentración convocada por primeira vez de maneira conxunta polas asociacións de hostalería de Galicia, entre elas, a propia Apehl, ...

Yo me sumo, nova campaña de Apehl en redes sociais para apoiar ao sector da hostalería

16.11.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) pon en marcha a campaña Yo me sumo nas súas redes sociais para dar visibilidade aos clientes que nestes momentos apoian ao sector e agradecer dalgunha maneira a súa fidelidade.

Todos aqueles clientes que se queiran unir a esta iniciativa deben enviar un vídeo no que mostren a consumición (café, bebida, menú..) que elixisen para levar ou consumir no propio establecemento, dependendo das posibilidades e normas de ...

A hostalaría de Galicia concéntrase mañá en Santiago

16.11.2020. As asociacións de hostalaría de Galicia convocan unha nova manifestación este martes 17 de novembro en Santiago de Compostela para continuar reclamando un plan de rescate ante a situación provocada pola covid-19.

Está previsto que os manifestantes se concentren no Palacio de Congresos ás 11:00 h e percorran o último tramo do Camiño Francés até o Obradoiro.

A Apehl reclama un Plan de Rescate ao Goberno central para garantir a supervivencia da hostalería

  • Os hostaleiros concentráronse esta mañá diante da Subdelegación do Goberno en Lugo e entregáronlle o “Plan de rescate nacional” da hostalería á subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez.

12.11.2020. Continuando coas accións de reivindicación ante a situación que está a padecer o sector da hostalería, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) levou a cabo esta mañá unha concentración fronte á Subdelegación do Goberno en Lugo para facerlle entrega á subdelegada do “Plan de ...