APEHL

Novas

A Apehl mostra a súa preocupación pola continuidade do peche do ocio nocturno na Mariña

O presidente da Apehl, Cheché Real, despois da decisión da Consellería de Sanidade de prohibir polo momento a apertura dos locais de ocio nocturno da comarca da Mariña, pon de manifesto a súa “inquedanza e incerteza sobre o futuro destes establecementos coas restricións que se lles aplican”.

Convocatoria para os beneficiarios da tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Estimados/as asociados/as,

Onte publicouse no DOG a convocatoria para os beneficiarios da tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia, acción enmarcada no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico impulsado pola Xunta de Galicia fronte aos efectos derivados da COVID-19, dentro da medida 32 “Bono para o consumo de produtos turísticos”.

Neste sentido, lembrámoslles que para que un aloxamento ou axencia de viaxe dada de alta no REAT poda participar, debe realizar o proceso de adhesión e publicar oferta.

No seguinte ...

La Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración con Hostelería de España, ha lanzado el Sistema Int

A Apehl, en colaboración con Hostelería de España, lanzou o  Sistema Integral para a preparación de Bares, Restaurantes, Aloxamentos e Ocio Nocturno, unha iniciativa para acreditar os locais que ofrecen unha hostelería segura fronte á covid-19 e dotalos dun pack integral de servizos e produtos que lles permiten cumprir e facer un seguimento dos requisitos de establecemento seguro.

Orde do 27 se xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 en relación á ch

Orde do 27 se xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 en relación á chegada á CCAA de Galicia de persoas procendentos doutros territorios.

 

 

 

Nesta orde recóllense:

1.       Medidas aplicables ás persoas con sintomatoloxía compatible co COVID-19.

 

2.       Medidas aplicables ás persoas procedentes de determinados territorios.

3.       Obrigas de información e colaboración na difusión:

-          Os establecementos de aloxamento turístico deben informas ás persoas ...

Remata o prazo para inscribirse e participar no XVI Concurso de Tapas de Lugo

14.07.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) mantén o prazo de inscricións aberto para participar na décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo, ata este xoves 16 de xullo.

O certame terá lugar do 4 ao 20 de setembro e poden concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

Para ...

Convocados os premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense para 2020

10.07.2020. A Deputación de Lugo abriu xa o prazo de presentación das candidaturas aos premios Lugo Cambia de turismo e hostalería, logo de publicar as bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A institución provincial convoca dúas modalidades; o premio Lugo Cambia ao Turismo Lucense eo premio ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense para recoñecer e poñer en valor o traballo feito por persoas, entidades ou institucións a favor da promoción turística ...

ONCE-Lugo presenta o cupón co que apoia a hostalería na nova normalidade

09.07.2020. A ONCE-Lugo presentou esta mañá nas inmediacións da Mosquera, en Lugo, da man da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), o cupón co que quere apoiar ao sector hostaleiro, un dos máis afectados polo parón económico provocado polo coronavirus.

Dedicará o sorteo da fin de semana correspondente ao sábado 11 de xullo ao sector hostaleiro nun xesto de apoio a todo o gremio de bares, cafeterías e restaurantes, tan afectados pola pandemia da covid-19. ...

O BOE recolle un paquete de medidas urxentes para a reactivación económica

06.07.2020. O Boletín Oficial do Estado recolle este Real Decreto-Lei 25/02020, de 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego.

Entre as medias aprobadas destacan:

- Nova liña de avais.

- Amplíanse as bonificacións á seguridade social para contratos fixos discontinuos que se realicen entre os meses de xullo, agosto, setembro e outubro de 2020 nos sectores do turismo, o comercio e a hostalería vinculados á actividade turística. A medida consiste na posibilidade de aplicar ...

Medidas e protocolos do programa Galicia, destino seguro

06.07.2020. No marco do programa Galicia, destino seguro, a Xunta de Galicia reforza a información das novas medidas e protocolos para o sector turístico no ámbito hixiénico-sanitario:

1. Manuais e carteis de aplicación ante a covid-19.

2. Guía para a creación dos Plans de continxencia, que todos os establecementos deben de poñer en marcha para recoller as liñas de actuación dirixidas a protexer os trabajadpres e clientes da posibilidade de contaxio por covid-19.

3. Guía informativa sobre a eficacia de produtos virucidas.

4. Cartelería informativa obrigatoria para ...

Medidas extraordinarias en A Mariña

06.07.2020. Publicadas no DOG determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19. 

DOG