30.01.2020. As prazas para participar no taller de cociña para nenos que terá lugar no Congreso Gastronómico Cultural ...E para comer, Lugo no Camiño son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. O curso terá lugar o vindeiro 8 de febreiro e será impartido por Martín Mantilla.
27.01.2020. A Xunta de Galicia convoca a través da Orde do 29 de novembro de 2019 o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
22.01.2020. O acto tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro; a delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.
17.01.2020. Como adianto ao Congreso …E para comer, Lugo no Camiño, que terá lugar o vindeiro 8 de febreiro de 2020 no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), arrancan as xornadas gastronómicas …E para comer, Lugo no Camiño nun total de 50 establecementos da provincia.
16.01.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer o vindeiro mércores na Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo terceiro, da guía turístico-gastronómica da provincia de Lugo …E para comer, Lugo.
No acto, que terá lugar a partir das 15:00 horas no stand de Galicia en Fitur, Real presentará a publicación titulada Lugo, mucho por descubrir. Unha nova guía que, nesta ocasión, mostra ...
13.01.2020. As Asociacións de Hostalería e Turismo de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, que forman a plataforma empresarial denominada “La Fuerza del Norte” reclamamos ao novo Goberno unha política activa no desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias que permitan a chegada no menor tempo posible do AVE ao Norte de España.
A recente confusión sobre a continuidade ou non do AVE a León desde Madrid, tras a supresión da venda de billetes a partir do 20 de xaneiro, activou todas as ...
7.1.2020. Representantes da xunta directiva da Asociación Provincial de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e socios da mesma, entre eles Daniel Romay, Jesús Díaz, Nardo Eiroa, José Manuel Cela, vicepresidente da Asociación, e o seu presidente, Cheché Real, mantiveron esta mañá unha reunión coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, para trasladarlle a súa inquietude ante os roubos acontecidos nos últimos tempos en diferentes establecementos da provincia.
Dende a Apehl manifestaron a súa preocupación ante tales feitos, pois ...
03.01.2020. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza: ampliación dunha hora sobre o horario de peche habitual (de acordo á respectiva licenza municipal) nos establecementos membros da APEHL de todos os concellos da provincia de Lugo –a excepción dos pertencentes a Burela e Muras– para a noite do 4 ao 5 de xaneiro, debido á celebración da véspera da noite de Reis.
30.12.2019. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación de tres horas sobre o horario de peche habitual nos establecementos asociados á mesma no transcurso da noite do 31/12/2019 e a madrugada do 01/01/2020. En todo caso, o horario máximo de peche dos locais non poderá superar as 08.00 horas da mañá do 1 de xaneiro.
23.12.2019. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma as noites do martes 24 de decembro ao mércores 25, do venres 27 ao sábado 28 e do sábado 28 ao domingo 29 de decembro, con motivo da celebración das festas de Nadal.