APEHL

Novas

En marcha o proxecto Peregrinos polo Norte

01.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo vai presentar á liña de axudas de Experiencias Turísticas, do Ministerio de Comercio e Turismo, unha actualización da iniciativa Peregrinos polo Norte con grandes novidades no seu sistema de comercialización e na tipoloxía de establecementos participantes ao incluír a parte de hostalería.

O proxecto preséntase, en agrupación, con asociacións de hostalería e turismo do catro comunidades do norte de España por onde transcorren os Camiños do proxecto (Galicia, Asturias, ...

A Deputación de Lugo convoca os premios Lugo Cambia 2022

O prazo para presentar as candidaturas rematará o 14 de xuño de 2022 e só se poderá presentar baixo unha única modalidade.

O XIV Estase Cocendo, todo un éxito

29.03.2022. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios  de Hostalería e Turismo  de Lugo (Apehl) fixo balance desta décimo cuarta edición do Estase Cocendo e asegura que “despois de dous anos de parón, volveu con máis forza que nunca. Foi un éxito en número de cocidos, en visitas guiadas por Monforte e en participación durante a Quedada de motos e o Cocido das Meigas. Esta última fin de semana encheuse Monforte de tambores e meigas nun fin ...

Novo socio | O Descanso

Nome do establecemento: O Descanso

Dirección: A Parrocha, 2. Paradela. 27611.

Cheché Real acude a unha audiencia co Rei como membro de Hostelería de España

24.03.2022. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acudiu esta mañá a unha audiencia coa Súa Maxestade o Rei Felipe VI no Palacio Real de El Pardo como membro do comité executivo da Confederación Empresarial de Hostelería de España (CEHE).

Os membros do comité executivo trasladáronlle ao Rei a situación do sector. Tras dous anos de pandemia e restricións que levaron á hostalería a unha situación complicada, o conxunto da industria ...

Última fin de semana do XIV Estase Cocendo

24.03.2022. A Ribeira Sacra finaliza esta fin de semana a celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta para este sábado coa última das visitas guiadas por Monforte e co Cocido das Meigas.

A visita sairá dos Escolapios ás 11:00 horas e incluirá unha degustación ...

Cocido das Meigas, este sábado 26 de marzo en Monforte

22.03.2022. A Ribeira Sacra encóntrase en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta para este sábado 26 de marzo co Cocido das Meigas.

A praza de España será o lugar de encontro das meigas, que se reunirán ás 20:00 h a ritmo de ...

Quedada de motos XIV Estase Cocendo, este domingo 20 de marzo

14.03.2022. A Ribeira Sacra continúa en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta para este domingo 20 de marzo coa quedada de motos.

Novo socio | Tropical

Nome do establecemento: Cervecería Tropical

Dirección: Rúa Milagrosa, 42

Aprazada a quedada de motos do XIV Estase Cocendo para o domingo 20 de marzo

10.03.2022. A Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) decide aprazar a celebración da quedada de motos programada no marco do XIV Estase Cocendo para este sábado 12 de marzo por mor das negativas previsións climatolóxicas.

Finalmente, a quedada de motos terá lugar a seguinte fin de semana, concretamente o domingo 20 de marzo.

A outra das actividades que acolle o programa do evento para este sábado, a visita guiada por Monforte, terá lugar con normalidade tal ...