30.03.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Apehl, celebrou esta tarde a asamblea xeral e asamblea electoral na que se elexiría a totalidade dos cargos da Xunta Directiva.
Ao presentarse unicamente a candidatura de José Francisco Real Castro, non foi necesaria votación algunha para proceder á proclamación da mesma. Así quedou constituida a Xunta Directiva da Apehl para un mandato de catro anos cos integrantes que se relacionan a continuación:
Presidente: D. José Francisco Real ...
23.03.2021. Cada restaurante refuga, de media, uns 2,5 quilos de sobras cada día, o que supón preto dunha tonelada de desperdicios ao longo do ano e un gasto estimado de 3.000 euros por establecemento. Aínda que é certo que, segundo datos da Unión Europea, estas cifras só representan o 12 % do total, este sector presenta un gran potencial para combater esta problemática: non só por responsabilidade individual ou por xestión de custos, senón tamén pola súa capacidade exemplarizante para a cidadanía no seu conxunto.
Co ...
18.03.2021. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Hoxe lanzan nas súas webs e redes sociais o vídeo Sin ti no soy nada no cal se fai unha breve reflexión do último ano, de todas as iniciativas levadas a cabo polo sector hostaleiro e que pretende transmitir, a través da canción do mesmo nome de Amaral, unha ...
16.03.2021. Hostelería de España e unha representación de todas as asociacións territoriais, entre elas a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), realizaron un acto simbólico esta mañá diante do Tribunal Supremo (Madrid) para facer balance tras un ano da declaración do primeiro Estado de Alarma pola pandemia da covid-19. No acto denunciáronse os duros doce meses que atravesou o sector, atopándose ademais co “muro” das Administracións.
Os datos interanuais do sector mostran que, desde o ...
15.03.2021. Desde Apehl puxemos en marcha en redes sociais, en coordinación coa patronal nacional Hostalaría de España, da que formamos parte, a campaña 1 ano de loita con motivo do cumprimento dun ano de loita contra a pandemia da covid-19, na que o sector hostaleiro viuse e séguese vendo gravemente prexudicado.
Tanto é así que, ademais das publicacións feitas en redes, Hostelería de España celebrará mañá martes 16 de marzo diante do Tribunal Supremo en Madrid ás 10:30 h un acto ...
11.03.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, Cheché Real, xunto ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, e os presidentes provinciais das asociacións do sector da Coruña e Pontevedra, Héctor Cañete (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña) e César Sánchez (Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra) solicitan ampliar o toque de queda ás 23:00 horas para poder así ampliar o horario de peche dos restaurantes ás 23:00 horas ...
12.02.2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, xunto cos presidentes das asociacións provinciais de hostalería de Galicia, estará presente na reunión convocada pola Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, e que terá lugar o vindeiro luns 15 de febreiro. Á mesma asistirán tamén o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego ...
09.02.2021. Hostelería de España, patronal nacional na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), realizou esta mañá un acto simbólico de protesta diante do Ministerio de Facenda en Madrid.
Na acción rompéronse uns pratos como metáfora da situación que vive a hostalería un ano despois do inicio da pandemia. O ...
08.02.2021. Ante as restricións e peches que está a padecer o sector de hostalería en todo o territorio nacional, a patronal nacional Hostalería de España, da que forma parte a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), convocou para mañá martes, día 9 de febreiro, un acto simbólico de protesta fronte ao Ministerio de Facenda en Madrid, ás 10:30 h, para pór en marcha a campaña Un ano de restricións pagando os pratos rotos.
Desde ...
04.02.2021. O Real Decreto-lei 3/2021, de 2 de febreiro, publicado no Boletín Oficial do Estado, recolle novas medidas económicas e sociais que amplían a cobertura e prorrogan o prazo de solicitude das moratorias financeiras para paliar os efectos económicos da covid-19.
Coa súa publicación o Goberno pretende reforzar a solvencia das empresas do sector do transporte e do turismo cuxa situación económica se vise afectada pola pandemia e reforza o apoio e alivia a carga financeira de fogares e traballadores autónomos.
SECTOR TURÍSTICO E TRANSPORTE ...