A concentración terá lugar mañá xoves, día 12 de novembro, ás 11.00 horas, e ten como obxectivo facerlle entrega á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, do “Plan de rescate nacional” da hostalería, dirixido ao Goberno Central.
09.11.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo presente esta mañá nunha mesa de diálogo co vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para abordar a complexa situación ...
07.11.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) convocou a toda a hostalería da provincia a participar nunha manifestación esta mañá na cidade de Lugo para dar visibilidade á situación de crise que está a atravesar o sector da hostalería e a súa cadea de valor como consecuencia das medidas preventivas tomadas polos diferentes gobernos para a contención da ...
05.11.2020. Ante a situación de crise que está a atravesar o sector da hostalería e a súa cadea de valor como consecuencia das medidas preventivas tomadas polos diferentes gobernos para a contención da covid-19 e co obxectivo de reivindicar os seus dereitos e a falta de axudas para evitar o peche definitivo de moitos establecementos, a Asociación Provincial de ...
05.11.2020. Este DOG recolle as medidas de prevención específicas establecidas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na Comunidad Autónoma de Galicia.
28.10.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 17, 18, 24, 25 de novembro e 1 e 2 de decembro un curso sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos que será impartido polo Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.
Entre as materias teóricas da formación están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo ...
27.10.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, vén de solicitarlle formalmente á Xunta de Galicia que a limitación do horario nocturno comece ás 00:00 horas e non ás 23:00 horas.
Real subliña que “somos conscientes e coñecedores da prioridade sanitaria existente, por iso os nosos establecementos cumpren cunha serie de protocolos e normas para manter seguros aos traballadores e aos seus clientes, pero a limitación horaria a partir das 23:00 ...
26.10.2020. O Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Desde Apehl estamos pendentes do que dictamine a Xunta de Galicia como autoridade delegada competente.
23.10.2020. A alcadesa de Lugo, Lara Méndez, vén de anunciar durante un encontro con Diego Muñoz, representante do bicampeón mundial de MX2 Jorge Prado, o proxecto do Goberno municipal para habilitar unha pista de motocross en Teixeiro, que será bautizada co nome do lucense Jorge Prado.
Desde Apehl trasladan hoxe o seu apoio ao representante do corredor e animan ao Concello para que “a pista sexa un feito canto antes, pois atraería a unha importante cantidade de xente á cidade e ...
22.10.2020. Estas son as normativas vixentes polas que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covd-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e no Concello de Lugo.