APEHL

Novas

Presentadas as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio

16.05.2024. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu esta tarde o acto inaugural do Marida Maio, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo. Hoxe tivo lugar a primeira das tres xornadas; as seguintes desenvolveranse o xoves 23 e o xoves 30.

A Apehl presenta Marida Maio, as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organiza este mes as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio. Son presentacións dos viños das bodegas participantes xunto cos pinchos dos establecementos hostaleiros; tamén se unen empresas turísticas para dar a coñecer os seus servizos.

A Apehl e Afigal alíanse para facilitar o acceso ao crédito dos empresarios do sector

02.05.2024. Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e de Hostelería de Galicia, e Pilar Núñez, vicepresidenta primeira de Afigal, asinaron esta mañá un convenio para apoiar os empresarios do sector conscientes da importante contribución que este colectivo aporta á economía do país.

A Gala Provincial da Hostalería Lucense reuniu aos hostaleiros na capital da provincia

15.04.2024. O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), volveu celebrarse esta noite no hotel Méndez Núñez de Lugo.

A Apehl celebra a gala provincial da hostalería lucense o luns 15 de abril

12.04.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará a Gala Provincial da Hostalería Lucense a noite do vindeiro luns 15 de abril no Hotel Méndez Núñez, en Lugo.

A Asociación de Hostelería de Baleira organiza o seu VI concurso de tapas

09.04.2024. O venres 12 e o sábado 13 de abril celébrase no concello de Baleira a sexta edición do concurso de tapas. O evento está promovido pola Asociación de Hostelería de Baleira e participan catro establecementos da capitalidade municipal, situada no Cádavo. 

A Gala Provincial da Hostelería Lucense celebrarase o 15 de abril en Lugo

04.04.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará a Gala Provincial da Hostelería Lucense o vindeiro luns 15 de abril no Hotel Méndez Núñez, de Lugo.

Boas cifras de ocupación hoteleira durante esta Semana Santa en toda Galicia

01.04.2024. O presidente da Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostalería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Cheché Real, informa dos datos de ocupación hoteleira destes días de Semana Santa na comunidade galega.

Coñecemos o número premiado coa cesta de produtos de porco entre todas as rifas do XVI Estase Cocendo

01.04.2024. A delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o número de referencia para comprobar a rifa premiada coa de cesta produtos de porco da Asociación Prodeme é o 15.552, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 30 de marzo.

O XVI Estase Cocendo rematou coa quedada de motos

25.03.2024. Esta fin de semana o Estase Cocendo 2024, evento organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, chegou á súa fin coa celebración da última visita guiada e coa quedada de motos. Foron tres semanas dedicadas a un dos pratos estrela da comarca, o cocido.