APEHL

Novas

Conta atrás para o II Congreso ...E para comer, Lugo no Camiño

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá o evento, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, este sábado 29 de maio.

26.05.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará este sábado por segundo ano consecutivo o Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Esta iniciativa forma parte ...

O Congreso ...E para comer, Lugo no Camiño, en boca dos seus protagonistas | José Manuel Portela

“Elaborarei un cocktail con base de café ao que irei engadindo produtos representativos das zonas polas que pasan os diferentes camiños a Santiago pola provincia de Lugo. Trátase de combinar os sabores do Camiño en torno ao café”

25.05.2021. Xosé Manuel Portela Fernández (Fonsagrada, 1983) asegura que naceu “detrás dunha barra”. E é que dende que empezou a axudar no negocio familiar, xa de moi cativo, sempre estivo vencellado á hostalería. Comezou a súa formación no Ciclo Superior de Restauración ...

O Congreso ...E para comer, Lugo no Camiño, en boca dos seus protagonistas | Xoan Cannas

“O viño é parte esencial da historia do Camiño e temos que esforzarnos en que sexa tamén parte esencial do seu futuro”

24.05.2021. Xoan Cannas (Vigo, 1972) é diplomado en Ciencias da Educación e dende hai décadas exerce ese labor didáctico no mundo do viño, co que comezou a vencellarse en 1989 participando en diferentes proxectos de hostalería, viticultura e enoloxía. En 2002 foi Campión Galego de Sumillería. Dende ...

Presentado en Fitur o II Congreso …E para comer, Lugo no Camiño

  • A Feira Internacional de Turismo, que se está celebrando esta semana en Madrid, foi o escenario da presentación da segunda edición do congreso sobre a cultura gastronómica dos Camiños a Santiago.

20.05.2021. O acto tivo lugar esta mañá no stand de Galicia en Fitur, feira que se está celebrando en Madrid esta semana de maneira especial polas circunstancias provocadas pola pandemia, e foi dirixido polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, ...

A Apehl xa está en Fitur 2021

19.05.2021. Cheché Real, presidente de Apehl, estivo con Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, e Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, esta mañá durante a inauguración do stand de Galicia en Fitur.

Mañá, ás 15:00 h da tarde, terá lugar a presentación do II Congreso Gastronómico e Cultural ...E para comer, Lugo no Camiño neste espazo galego da Feira Internacional de Turismo.

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro infantil

14.05.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará por segundo ano consecutivo o Congreso Gastronómico e Cultural ...E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo o próximo 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programaO teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O programa conta cun obradoiro para ...

Cheché Real, membro do comité executivo da CEHAT

13.05.2021. Durante a celebración do pleno da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT), que tivo lugar esta mañá en Madrid, Jorge Marichal foi elixido novamente, por unanimidade, presidente da patronal.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, foi nomeado membro do comité executivo, que queda formado da seguinte maneira:

PRESIDENTE:

  • Jorge Marichal (Asociación Hotelera y Extrahotelera de Tenerife, La Palma, La Gomera y El Hierro, Ashotel).

VICEPRESIDENTES:

  • Gabriel García (Asociación Empresarial Hotelera ...

Hostelería de Galicia defende a acción da xusticia fronte a posibles restricións ao sector desde as CC. AA.

  • O goberno central ten que avogar por solucións como a aplicación de vacinas a colectivos laborais e xustificar tecnicamente as medidas que é o que os Tribunais lle recriminan.
  • Aplicar toques de queda xeneralizados para atallar problemas illados de botellón non ten ningunha lóxica de cara a mellorar a situación dos hostaleiros.

13.05.2021. A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (HOSTELERÍA DE GALICIA) mostra a súa preocupación ante o intento do goberno de solucionar posibles situacións de risco ...

Hostelería de Galicia reclama certeza para o sector co fin do estado de alarma

  • Nos establecementos hostaleiros asegúranse as máximas condicións de seguridade para disfrutar dun ocio en espazos seguros fronte aos domicilios particulares
  • As axudas directas deben chegar urxentemente ás CC. AA. y o pasaporte COVID-19 axudaría á recuperación do turismo

07.05.2021. A Confederación Galega de Empresarios de Hostalería e Turismo (Hostelería de Galicia), integrada polas asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, reclama o inicio dunha etapa de certeza para o sector tras o fin do estado de alarma ...

Convenio entre Apehl e a Axencia Turismo de Galicia

07.05.2021. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo firmou un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia co fin de apoiar o funcionamento e a estrutura da entidade durante o ano 2021.