APEHL

Novas

A Xunta e o sector da hostalería revisan os avances da taxa turística que será xestionada polos concellos que a apliquen voluntariamente

31.10.2024. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse hoxe cunha representación do sector da hostalería para abordar o proxecto de lei que regula o imposto sobre estancias turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se avanza nos seus trámites. No encontro informouse do documento levado á Lei de Medidas dos Orzamentos para 2025 que recolle a habilitación normativa para crear a taxa turística que pide o Concello de Santiago.

O XIX Concurso de Tapas de Lugo preséntase con máis propostas gastronómicas

O certame terá lugar do 8 ao 24 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 29 e 30. 

Vilalba acollerá o Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo 2024

21.10.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas. O curso terá lugar os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de novembro en Vilalba.

A Apehl acollerá na súa sede de Lugo a presentación da iniciativa de Diaconía #LaHosteleríaDesactivaLaTrata

11.10.2024. O vindeiro xoves 17 de outubro, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acollerá nos seus locais a representantes da ONG Diaconía, que informarán os asistentes sobre como poder axudar a evitar a trata de persoas.

A Apehl abre mañá o prazo de inscricións para participar no XIX Concurso de Tapas de Lugo

04.09.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou no día de hoxe que mañá abre o prazo de inscricións para todos aqueles establecementos que queiran participar na décimo novena edición do Concurso de Tapas de Lugo.

O posto ...E para comer, Lugo comezou a súa andaina con La Vuelta 2024 este sábado en Lisboa

19.08.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) abriu as portas do posto …E para comer, Lugo este sábado en Lisboa. Deu así comezo á promoción turística e gastronómica que fará da provincia nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e coa colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores.

O posto ...E para comer, Lugo iniciará este sábado a súa viaxe por España e Portugal con La Vuelta 2024

13.08.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores, fará por duodécimo ano promoción turística e gastronómica da provincia nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España, evento deportivo que dará comezo este sábado en Lisboa.

A Apehl recibe de parte do seu colaborador Cafés Candelas un vehículo novo para a promoción da provincia de Lugo en La Vuelta

09.08.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está finalizando os últimos preparativos para que o posto …E para comer, Lugo comece a súa viaxe por España e Portugal con La Vuelta Ciclista a España, unha iniciativa que se leva adiante grazas ao interese e colaboración da Xunta de Galicia. Para este duodécimo ano de promoción turística con La Vuelta contará cunha novidade e é que o seu colaborador Cafés Candelas entregoulle esta mañá un coche novo para que a ruta por estrada se faga moito máis amena.

Recepción da Apehl a Adrián González Pallín no Centro do Viño de Monforte polo seu patrocinio da provincia de Lugo

31.07.2024. O Centro do Viño de Monforte de Lemos acolleu hoxe un acto no que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lle agradeceu publicamente ao atleta monfortino Adrián González Pallín o patrocinio desinteresado que fai da provincia alá onde compite.

Dispoñibles 11 bolsas para estudiar o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería no Centro Superior de Hostalería de Galicia

29.07.2024. O prestixioso Centro Superior de Hostelería de Galicia, referente na formación en Dirección Hostaleira, Cociña e Gastronomía en Galicia e a nivel internacional,  dispón de 11 bolsas exclusivas para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería, que cobren entre o 80 e o 50 % da matrícula e en todos os casos o 100 % do aloxamento.