APEHL

Novas

Novo socio | Os Castros

Os Castros é un establecemento rexentado por unha novísima Belén Fernández, filla de hostaleiros, que se aventurou a abrir o seu propio negocio por ter experiencia no sector. Neste café bar e restaurante ofrece comida caseira e tradicional e traballa tanto carnes como peixes. Decidiu asociarse a Apehl porque pensa que a unión fai a forza e por contar cun bo asesoramento.

Dirección:  R/Paseo da Deputación, s/n. Ferreira de Pantón.

Teléfono: 982 906 630.

Última oportunidade para gañar o porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

20.04.2022. Tras finalizar o prazo de reclamación do premio co segundo número tomado como referencia o pasado venres 15 de abril, a delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o terceiro e último número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) é o 68.776, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 16 de abril.

A papeleta premiada debe ter ...

A ocupación hoteleira en Galicia alcanzou esta Semana Santa unha media do 90,96 %

18.04.2022. Hostalería de Galicia informa dos datos de ocupación real destes días de Semana Santa na comunidade galega, segundo as cifras facilitadas polas catro asociacións provinciais  da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como Hostelería Compostela e Hostelería de Ferrol. A media entre todas as provincias alcanzou un 90,96 %.

Na Coruña a media rexistrada durante dos días festivos –xoves, venres e sábado– foi do 95,13 % (xoves: 97,87 %, venres: 98 % e sábado 89,53 %).

Na provincia de ...

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante esta Semana Santa superou o 92 %

18.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta Semana Santa, na que se rexistrou unha media de 92,4 %, cifra similar ás anteriores á pandemia. No ano 2019 a media chegara ao 93,3 %.

Nesta ocasión, a Apehl confirma o camiño cara a recuperación en todas as zonas da provincia.

A Ribeira Sacra foi a comarca con máis visitantes, cunha media do 97,6 %. ...

Ampliación de horario nos locais de hostalería asociados a Apehl durante a Semana Santa

13.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 9 ao 10 de abril ata a noite ...

Novo número premiado co porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

11.04.2022. Tras rematar o prazo de reclamación do premio co primeiro número tomado como referencia o pasado venres 8 de abril, a delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o novo número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) é o 76.221, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 9 de abril.

A papeleta premiada debe ter as últimas ...

Ampliación de horario nos locais de hostalería asociados á Apehl durante a Semana Santa

08.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) dirixiuse a todos os Concellos da provincia de Lugo para solicitar a ampliación de horario en dúas horas máis do legalmente establecido para todos os seus establecementos asociados durante as distintas festividades do ano 2022.

A Asociación recibiu a autorización para a ampliación en dúas horas máis do legalmente establecido para todas as noites, desde a noite do día 9 ao 10 de abril até a noite ...

Novo socio | O Recuncho de Vane

A localidade de Baleira conta desde principios de abril cun novo local hostaleiro: O Recuncho de Vane. A súa propietaria, María Vanesa Valcárcel, estivo ligada sempre á hostalería e agora decidiu que era un bo momento para pór en práctica toda a experiencia adquirida no seu propio negocio, especializado en tapas e racións.

Aconsellada por outros hostaleiros, decidiu unirse a Apehl.

 

Dirección: Avda. Escobar, 12. 27130 Baleira (Lugo)

A Apehl adianta as previsións para esta Semana Santa

07.04.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) adianta as previsións de ocupación hostaleira na provincia durante esta Semana Santa.

Despois de contactar con diversos establecementos, desde a Apehl observan que é necesario diferenciar tres períodos ao longo de toda a Semana Santa: a fin de semana anterior aos festivos, os propios festivos e a fin de semana seguinte a estes.

 

Días 8, 9 e 10 de abril

Xoves e venres Santos

Días 16 ...

Coñecemos o número premiado co porco de 100 kg entre todas as rifas do XIV Estase Cocendo

04.04.2022. A delegación da zona sur da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) comunica que o número de referencia para comprobar a rifa premiada co porco de 100 kg da Devesa dos Formigueiros (Asociación Prodeme) é o 53.681, premiado no sorteo da ONCE deste sábado 2 de abril.

A papeleta premiada debe ter as últimas catro cifras iguais ás deste número.

A persoa afortunada debe poñerse en contacto coa delegación a través do teléfono 982 41 ...