APEHL

Novas

O programa do XIV Estase Cocendo conta para este sábado coa súa habitual quedada de motos

07.03.2022. A Ribeira Sacra encóntrase en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son unha quedada de motos para o día 12 de marzo, o Cocido das Meigas para o día 26 de marzo e as visitas guiadas por ...

COMUNICADO | Novo proxecto en marcha sobre rutas paisaxísticas do norte de España

03.03.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo vai presentar nas próximas semanas un novo proxecto sobre rutas paisaxísticas do norte de España á liña de axudas Experiencias Turísticas do Ministerio de Comercio e Turismo.

O proxecto preséntase en conxunto con outras asociacións de hostalería e turismo do oito comunidades do norte de España (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña), co fin de formar unha alianza estratéxica para desenvolver unha experiencia turística innovadora sobre o desenvolvemento ...

Primeiras visitas guiadas por Monforte no marco do XIV Estase Cocendo

02.03.2022. A Ribeira Sacra encóntrase en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son unha quedada de motos para o día 12 de marzo, o Cocido das Meigas para o día 26 de marzo e as visitas guiadas por ...

Pistoletazo de saída ao XIV Estase Cocendo

24.02.2022. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu esta tarde o acto inaugural do Estase Cocendo 2022. Na presentación deste mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido, os protagonistas foron os sanitarios e sanitarias, aos que se lles rende homenaxe, nesta décimo cuarta edición, polo labor realizado ao longo de toda a pandemia. Entregóuselles un distintivo como compadres e comadres desta decimocuarta edición que foi recollido por Inmaculada Ramos, directora do Hospital ...

Monforte acollerá a presentación do XIV Estase Cocendo este vindeiro xoves

22.02.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presentará este xoves a décimo cuarta edición do Estase Cocendo. O acto terá lugar no salón do Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos ás 18:00 h.

As Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra celebraranse por toda a comarca dende o vindeiro 26 de febreiro ata o 27 de marzo, ambos incluídos.

O presidente da Apehl, Cheché Real, subliña que “son moitos ...

Hostelería de Galicia reclama ao estado máis facilidades de acceso ás axudas dos plans de rescate e que os cartos de Galicia se queden na comunidade

07.02.2022. Hostelería de Galicia, integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, reclama ao Estado máis facilidades de acceso ás axudas dos plans de rescate e que os cartos que corresponden a Galicia se queden na comunidade e, polo tanto, se dirixan ao tecido empresarial galego afectado pola covid-19, cumprindo, deste xeito, co obxectivo comprometido para estes apoios.

A confederación empresarial solicita que os case 70 millóns que, segundo a Xunta, non puideron executarse ...

O II Foro Nacional de Hostelería, o próximo 7 de febreiro en Málaga

02.02.2022. O Foro Nacional de Hostelería, un espazo de encontro, reflexión e debate sobre o sector que organizan a Federación de Empresarios de Hostelería de Andalucía e a Confederación Empresarial de Hostelería de España, terá lugar no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga o próximo 7 de febreiro, coincidindo coa celebración do Salón H&T, evento líder apoiado polas principais asociacións sectoriais de España en materia de hostalería e industria hostaleira.

O programa desta edición inclúe temas clave no escenario actual de ...

Volve o Estase Cocendo á Ribeira Sacra

02.02.2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) retoma a organización do Estase Cocendo tras dous anos de pandemia nos que o sector da hostalería se viu fortemente afectado.

Unha nova edición das Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra celebrarase por toda a comarca dende o vindeiro 26 de febreiro ata o 27 de marzo, ambos incluídos.

O presidente da Apehl, Cheché Real, amosa a súa ilusión por retomar pouco a pouco todas ...

A Apehl lanza en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica ...E para comer, Lugo

  • A Feira Internacional de Turismo de Madrid foi o escenario elixido unha vez máis pola Apehl para a presentación dunha nova guía da colección …E Para Comer, Lugo, unha das iniciativas clave da Asociación para a promoción da provincia no seu conxunto como destino turístico e gastronómico.

19.01.2022. O acto tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado polo vicepresidente ...

Nuevo socio | Capitol

Nome do establecemento: Capitol

Dirección:  Rúa Roberto Baamonde, 47. Monforte de Lemos.