23.07.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo asinou un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia co fin de apoiar a estrutura e funcionamento da entidade durante o ano 2024.
16.07.2024. A Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo acolleu esta mañá, como vén sendo habitual, un acto no que se deu a coñecer que o posto …E para comer, Lugo volverá estar en La Vuelta Ciclista a España por duodécimo ano.
Na presentación, participaron o presidente da Apehl, Cheché Real; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e o director de La Vuelta, Javier Guillén, que estiveron acompañados de representantes dos diferentes colaboradores desta edición ...
10.07.2024. Trala celebración onte da VIII Gala Show Cooking na que se seleccionou o Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, Cheché Real, presidente de Hostelería e Turismo de Galicia, confederación integrada polas asociacións provinciais de hostalería e turismo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, lamentou esta mañá “a nomenclatura do devandito premio, xa que se debera falar do Mellor Cociñeiro de Tapas das Sete Cidades Galegas, pois neste certame só están representados cociñeiros destas sete localidades”.
21.06.2024. Tras todas as consultas recibidas en Apehl sobre os novos requisitos sanitarios para a prevención e o control da lexionelose, recollidos no Real Decreto 487/2022, do 21 de xuño, o próximo xoves, 27 de xuño, ás 11:30 h, a sede da Asociación en Lugo (C/Ramón Montenegro,15-entlo), acollerá unha charla sobre as principais implicacións e medidas que afectan ao noso sector impartida por responsables da empresa Plagostel, líder no sector de control de pragas e seguridade alimentaria.
21.06.2024. O próximo xoves, 27 de xuño, ás 11:00 horas, os locais de Apehl, en Lugo, (C/Ramón Montenegro, 15-entlo), contarán cun representante da empresa Afigal que informará a todos os interesados sobre os tipos de operacións que poden avalar.
17.06.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus, Festa de Interese Turístico Internacional, así como valoración de participación.
O BOP nº 128 publica as bases dos galardóns para as diferentes categorías dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense, ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense e Turismo Sostible. As candidaturas poden presentarse a través da sede electrónica ata o 5 de xullo.
05.06.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está a levar a cabo un ano máis, co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración e Industria da Xunta de Galicia, un programa integrado de emprego no que se terá contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego tanto do concello de Lugo como do de Monforte de Lemos, co fin de buscar un 45 %, como mínimo, de insercións laborais.
31.05.2024. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, remataron onte co último dos tres encontros organizados. O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu este evento, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo.
24.05.2024. Durante a tarde de onte, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu a segunda xornada do Marida Maio, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo