APEHL

Novas

O XVII Estase Cocendo comeza este sábado na Ribeira Sacra

14.03.2024. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu este xoves o acto inaugural do Estase Cocendo 2025, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo, que se desenvolverá desde este sábado 15 de marzo ata o domingo 6 de abril. Na presentación dedicouse esta 17.ª edición das Xornadas do Cocido da Ribeira Sacra aos traballadores da hostelería e do turismo.

A Apehl celebrará a Gala Provincial da Hostalería Lucense o vindeiro 31 de marzo en Viveiro

10.03.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo a Gala Provincial da Hostalería Lucense o vindeiro luns 31 de marzo no restaurante Louzao, de Viveiro.

Apehl, en colaboración con Estudios Rafer, organiza unhas xornadas de dixitalización aplicada á hostalería

05.03.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), xunto con Estudios Rafer, promove unhas xornadas sobre dixitalización aplicada á hostalería. A formación dividirase entre sesións presenciais no Centro do Viño, situado no número 6 da Rúa do Comercio en Monforte de Lemos, e charlas a través da aula virtual.

A Ribeira Sacra prepara xa unha nova edición do Estase Cocendo

26.02.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está organizando xa a décimo sétima edición do Estase Cocendo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo visita os usuarios do programa integrado de emprego posto en marcha pola Apehl

24.02.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está levando a cabo un ano máis, co financiamento da Xunta de Galicia, un programa integrado de emprego no que se terá contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego de Lugo e Monforte de Lemos, co fin de buscar un 45 %, como mínimo, de insercións laborais.

A concellería de Turismo de Lugo recibe a José Luis Pardo, subcampión do Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos

A concelleira Maite Ferreiro encabezou un encontro co autor da segunda mellor Tapa/Pincho de España.

A Apehl, da man do cociñeiro José Luis Pardo, consegue o segundo premio no III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos

28.01.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) rozou o título de Mellor Tapa/Pincho de España na gran final do III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos, que organizou Hostelería de España no marco do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión.

A Apehl, finalista do III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos co cociñeiro José Luis Pardo, do restaurante Orixe do Campo

27.01.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acaba de ser seleccionada como finalista do III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos, que organiza Hostelería de España durante a celebración do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión, que se está a celebrar esta semana en Madrid.

A Apehl loitará a vindeira semana no III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos co cociñeiro José Luis Pardo, de Orixe do Campo

24.01.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada no III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos, que organiza Hostelería de España, por José Luis Pardo, do restaurante Orixe do Campo.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo expuxo este mediodía en Madrid a 17.ª edición da súa guía, coa que pretende nov

22.01.2025. O acto celebrouse no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se está celebrando en Madrid, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado por Mauricio Repetto, concelleiro da área de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo; José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, e Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo, quen disculpou o retraso da conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, que non puido finalmente participar no acto por un contratempo no voo no que viaxou desde Galicia.